A banda en euskera máis escoitada da actualidade súmase ao Asalto ao Castelo
O Asalto ao Castelo de Vimianzo segue sumando irmandiños para a súa 29ª edición (3 e 4 de xullo) e acaba de confirmar a En Tol Sarmiento (ETS) como nova incorporación.
A banda vasca, que vén de facer historia enchendo o BEC de Barakaldo con 45.000 persoas, chega a Vimianzo no seu momento de máxima proxección mediática trala súa visita ao programa "La Revuelta" de TVE esta semana.
Con esta confirmación, ETS únese a un cartel que xa conta con Dakidarría, Che Sudaka, De Ninghures, Ulex e Yaya DJ, consolidando unha fin de semana de música de primeiro nivel na Costa da Morte.
Aínda que a distribución por días manterase en segredo até completar todos os nomes, dende a organización —composta polas asociacións Cherinkas e AXVALSO xunto ao Concello de Vimianzo— apostan por un festival de dous días, o 3 e o 4 de xullo, onde tanto o venres como o sábado contarán con cabezas de cartel de primeiro nivel.
Novidades en accesos e abonos
Cabe lembrar que, como principal novidade nesta edición, será necesario dispor de entrada para acceder ao recinto de concertos tanto o venres como o sábado. Os abonos promocionais para vivir a experiencia completa desta Festa de Interese Turístico de Galicia están dispoñibles con prezo reducido en
asaltoaocastelo.gal.
Máis crónicas do Asalto
- Asalto 2025: Vimianzo viviu unha grandiosa revolta irmandiña
- Asalto 2024: Manu Chao fixo o Asalto ao Castelo máis internacional
- Asalto 2023:O Asalto toca Terra
- Asalto 2022: O Asalto ao Castelo 2022 en vídeo.
- Asalto 2022: Vimianzo viviu o seu Asalto máis multitudinario.
- Asalto 2021: O lume tomou as terras irmandiñas.
- Decembro 2019: O Asalto tamén vai polo bo camiño para ser declarada Festa de Interese Turístico.
- Asalto 2019: A calor irmandiña invadiu Vimianzo nun exitoso Asalto ao Castelo.
- Asalto 2017: O Asalto rexistrou o maior éxito de público da súa historia.
- Asalto 2016: Os irmandiños volven a Vimianzo.
- Asalto 2015: O XX Asalto ao Castelo 2015, xa no youtube.
- Asalto 2015: A representación teatral reivindica a singularidade dos 20 anos do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
- Asalto 2012: O Asalto definitivo (en vídeo).
- Asalto 2012: A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo