Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Borbujo responsabiliza ao alcalde do pago da Casa da Cultura

Borbujo responsabiliza ao alcalde do pago da Casa da Cultura
O Partido Popular de Vimianzo, da man da súa voceira, Carmen Borbujo, vén de poñer a mirada no alcalde do municipio soneirán, Manuel Antelo, como único responsable do pago da Casa da Cultura. Así o afirmaba Borbujo nas últimas horas, acusando ao rexedor de mentir nas eleccións “asegurando que non se ía pagar ou reduciríanse os custes coa única fin de ser alcalde”. Os conservadores de Vimianzo espetaron que “dende o mes de novembro, Antelo tiña todo nas súas mans para resolver esta situación, co seu propio abogado pagado polo Concello, o expediente completo e a oposición apoiando calquera iniciativa axeitada”. O Partido Popular decidiu actuar pola súa conta ante a que din “negativa por parte do Señor Antelo” a investigar sobre os responsables dos feitos e sumarse á denuncia por vía penal que interpoñen en  marzo de 2011”. Borbujo afirmou que “eles mofáronse e negaron os feitos, sabendo que o único xeito de solicitar a paralización real da sentenza era sumarse ao proceso penal”. A agrupación liderada por Carmen Borbujo asegurou que se lles aconsellou persoarse como acusación popular nun proceso “onde posibles amigos do goberno terá que declarar, logo das graves declaracións que o arquitecto municipal fixo no proceso de investigación”. Co papel do grupo de goberno persoándose como Concello no xulgado, e co rexeitamento do recurso presentado no TSXG, o PP de Vimianzo responsabiliza a Antelo da execución da sentenza e do pago a maiores dos custos do proxecto. Carmen Borbujo contempla unha “imposibilidade de investimentos propios e de posibles recurtes en servizos básicos”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Partido Popular de Vimianzo.

Comentarios