Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Plan Integrado viaxou ás terras de Ourense

O Plan Integrado viaxou ás terras de Ourense
Segue desenvolvendo accións para os seus usuarios o Plan Integrado do Concello de Vimianzo. A última actividade que realizaron foi unha viaxe a Allariz e Ourense. A intención desta viaxe foi que os usuarios tomaran nota das iniciativas emprendedoras que se levaron a cabo nestes concellos. No Concello de Allariz foron recibidos pola concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio, Cristina Cid Fernández, e pola Axente de Desenvolvemento Local, Cristina Álvarez. Ámbalas dúas explicaron aos usuario o xeito do que se desenvolveron determinadas accións, como o Centro de Tendas Outlet con moda de deseño a baixo prezo, ou o Centro de Educación Ambiental O Rexo, no que contan cunha granxa-escola onde se forma a xente nova nas tarefas gandeiras co obxectivo de favorecer a creación de explotación no medio rural e así evitar o seu despoboamento. Tamén coñeceron a situación da empresa municipal de turismo, REATUR, que desenvolve actividades como o sendeirismo, bicicleta ou rafting. Unha vez en Ourense, unha guía amosou aos usuarios de Integrado os monumentos e as vistas da cidade, como As Burgas, a Praza Maior, ou o Palacio Episcopal. Cursiño de inglés Por outra banda, os usuarios do Plan Integrado de Vimianzo están a rematar o cursiño de Inglés avanzado, que tivo unha duración de cincuenta e cinco horas. No curso traballáronse tanto contidos gramaticais como a expresión ou a comprensión oral. Máis da metade dos usuarios de Integrado atoparon emprego nos meses que leva posto en fucionamento esta iniciativa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Vimianzo.

Comentarios