Domingo. 03.11.2024
El tiempo

A borrasca ex-Kirk deixa refachos de 150km/h en Vimianzo

  • Tivo lugar a nundación nun domicilio en Castriz
Arbores caidos na estrada por Muros
Árbores caídas nas estradas de Muros
A borrasca ex-Kirk deixa refachos de 150km/h en Vimianzo

Esta madrugada pasou boa parte borrasca ex-Kirk por riba de Galcia, afectando sobre todo as Rías Baixas. Un temporl que persistirá ata o mediodía de hoxe mércores, pero que está a provocar un episodio de chuvias e vento intensos. Tanto que na comarca se rexistrou o refacho de vento mais forte do país: os 149.3 km/h que rexistrou a estación da Gándara (Vimianzo) ás 04:50h da madrugada.

Moitas zonas de Galicia rexistaron acumulados de auga superiores aos 100 l/m2 nas últimas 12 horas

Tamén hai alerta laranxa no mar a todo o litoral galego, con ondas de ata 6 metros de altura e ventos intensos (forza 9) pero que están indo a menos ao longo da mañá.

A Xunta activou ademais o Plan Inungal (Plan Especial de Protección Civil ante o risco de inundacións en Galicia).

E tiveron lugar varias afectacións, máis pola zona de Muros, que polo norte, con varias estradas que tiveron que pechar algún carril por arboleda caída.

Inundación nun domicilio en Santa Comba

Inundacion vivenda kirk castriz

As chuvias afectaron, como habitualmente, á zona de Santa Comnba. Así, no lugar de Hospitalna parroquia de Castriz, no concello de Santa Comba, os bombeiros do parque Provincial de Santa Comba participaron pasadas as 23:00 horas de onte, 8 de outubro, nun operativo provocado pola inundación dunha vivenda.

A inundación, debida ás inclemencias meteorolóxicas derivadas do temporal ex-Kirk, anegou o semisoto dunha vivenda. Para solucionar a problemática os bombeiros provinciais fixeron emprego dunha motobomba que achicase a auga acumulada, e unha vez comprobadas as medidas de seguridade deuse por rematado o servizo.

 

Máis novas

Comentarios