Sábado. 14.12.2019
El tiempo

Brandomil inclúese dentro do Camiño de Santiago a Muxía cun informe que avala o seu paso

Brandomil inclúese dentro do Camiño de Santiago a Muxía cun informe que avala o seu paso
camino-brandomil-zas Unhas 300 persoas asistiron á presentación do informe que tivo lugar onte no contorno da ponte de Brandomil. Imaxe: Turismo de Zas O antropólo Manuel Vilar presentou o pasado sábado ante ducias de representantes institucionais un informe no que se recollen os principais indicios que defenden o paso do Camiño a Santiago a Muxía pola contorna da ponte de Brandomil - situada dentro do termo municipal de Zas - A presentación do informerivo lugar na propia ponte de Brandomil e participaron o mesmo historiador e antropólogo conxuntamente cos representantes de todas as asociacións involucradas. Manuel Vilar indicou que “hai evidencias claras para concluír que o traxecto Santiago a Muxía pasaba por estes lugares. Agora toca seguir traballando e  camiñando”. As seis asociacións involucradas neste proxecto comezaron a traballar nesta recuperación no ano 2015, realizando diferentes accións, tales como a identificación do camiño o orixinal e o trazado do camiño funcional, marcaxe do trazado con frechas azuis, para que todos aqueles camiñantes interesados no mesmo o puideran realizar entre outros traballos. En paralelo, tamén están en contacto coa administración, mantendo reunións con Patrimonio, para que teñan constancia dos avances do proxecto. O próximo paso será a presentación do informe coa directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez. No acto estiveron presentes máis de 300 persoas, entre as que se atopaban representantes de todos os concellos involucrados: María Pose - alcaldesa de Santa Comba -; Manuel Muíño - alcalde de Zas -; Manuel Antelo - alcalde de Vimianzo -; así como Manuel Varela Rey.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios