O bravú da Costa da Morte: a historia dos Impresentables de Vimianzo
Vivimos este outono o 30 aniversario do movemento bravú. Aproveitando as sinerxias do documental guiado por Xurxo Souto e feito por Nós Televisión, repasamos algunhas das bandas da Costa da Morte que formaron parte daquela revolución da música galega contemporánea.
Trala primeira viaxe na que xa citamos unha quincena de bandas costeiras, hoxe repasamos a historia dos Impresentables de Vimianzo.
Membros fundadores do bravú (con papel indiscutible no documental participando mesmo nas presentacións de Carballo e na Gran Noite Coruñenta), forman parte da historia da música galega contemporánea. Aquel outubro do 94, no marco da segunda edición do Festival Castañazo Rock, en Chantada, bandas de todo o país xuntábanse na taberna Caballero de Viana e alcumaban o bravú a esa música que dende a aldea, vertebraba o país con música movida e letras costumistas. Unha auténtica revolución no panorama dos anos 90 en Galicia.
Eles son Benxamín Queiro Pérez (baixo e voz), Carlos Gómez Fdez. (guitarra e coros), Xoan Anselmo Carballo Folgado (teclados e coros) e Alexandre González Cundíns (batería), pero a familia Impresentable tiña outros membros como Gustavo ou Miguel, que os acompañaban a cada cita.
O nome
A banda nacía a comezou a comezos da década dos 90. Xa tocaban xuntos dende os 15 anos pero non atoparan nome ata a celebracion dunha Romaría da Barca. Xa entrada a mañá, e aínda cheos, a TVG estaba preparando unha retransmisión litúrxica. Buscaban extras para o decorado, e a pesar de que non pagaban, polo menos puñan viño. E veña viño, e veña viño, que montaron unha durante a emisión do programa especial campal, tendo que saír por patas, aos berros do editor da televisión de “Sodes uns impresentables”. Xa tiñan nome para acompañar ese “rock infílico”, de borracheira, como cando Carlos, de borracheira, inventa palabras, definidindo o indefiniible.
Primeiras actuacións
A súa primeira actuación foi na Sala As Airas (Carballo), un 14 de abril de 1991. Este mesmo ano xa tocaron no no Pub Komic (Baio), o Hilton de Vimianzo), nas Festas das Letras e do Corpus e de Agosto de Vimianzo, na Festa Enxebre de Camariñas, na Disco Canal 36 de Malpica, nas Festas de Tella, no I Concerto Rock Costa da Mote celebrado en Laxe (con Troleblues, Nicho Barullo, The Sastre, Mordor e Desertores do Arado), na Festa da Praia do Ézaro ou no Rock no Rio Anllóns).
Despois dun parón temporal no 92 pola incorporación ao servizo militar de Carlos, volveron aos escenarios no 93 no Pub Límite de (Vimianzo), no Pub Túnel (Santa Comba), na Disco Enredos (Laxe), na Festa das Letras do Couto (concerto que lembran con especial agarimo pola resposta do público cando se lle caeu o baixo á Benxa, provocando unha reacción de alucine pois a xente pensara que foi adrede, en plan Pete Towsend cos Who), en Cerceda na presentación do LP Rock na Costa da Morte, pero tamén en Bergondo ou Ares.
Foi nese ano 93 cando pasan polo Luar coa marabillosa “Maruxa”:
Seguen tocando durante os anos 94 (destacando o famoso II Castañazo Rock, no que se celebrou a Cea de Viana, a cea onde se fundou o bravú en presenza dos Diplomáticos de Monte Alto (Coruña), Skornabois (Lourenzá), Rastreros (Chantada)… ou o Concerto dos 40 Principales de Pontevedra), 95 (no Concerto Tralla de Malpica, unha as súas citas máis “profesionais” da súa carreira xunto a Siniestro Total e os Diplomáticos; e no Tralla Brava de Padrón) e no 96, chegando a Ribadavia, a Estrada, a Coruña (no Liceo xunto os Papaqueixos e os Rastreros) ou nas televisión, tanto na TVE como de novo no Luar.
Discografía
No 93 xa participaron no LP “Rock Na Costa Da Morte”, de Edisco, con Maruxa e Enséñame a hacer el amor, xunto con La Crema (Carballl), Desertores do Arado (Cerceda), Malavida (Laracha), Trouleblues (Laxe) e Zenzar (Cerceda).
Aparecerán tamén no disco “Unión Bravú” (1996), de Edicións Cumio, con outro dos seus grandes temazos: “Que foi do rock & Roll”.
En marzo de 1997 desaparecen, e nace a idea de crear Barafunda, unha banda de folk-rock instrumentral con ventos que soan a gloria, pero o legado dos Impresentables volve á maxima actualidade co gallo deste 30 aniversario do movemento que eles mesmos fundaron.
Un resumo histórico que rematou na banda Barafunda
A banda acabou pechando o telón pero formando, en 1998, o grupo Barafunda, co que publican o seu único álbum conxunto, moito máis ecléctico e fusionando moitos estilos, como conta este documental, locutado por Fran Rodríguez, sobre a banda vimiancesa: