domingo. 14.09.2025
El tiempo

Castelao pechou o primeiro Vimianzo M.O.L.A

Vimianzo MOLA-Castelao
Castelao pechou o primeiro Vimianzo M.O.L.A

Esta fin de semana quedou rematado o mural homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, dentro do proxecto Vimianzo M.O.L.A no que participou a rapazada do municipio con pintura fotocatalítica, que absorbe o dióxido de carbono e os óxidos de nitróxeno (responsables do efecto invernadoiro), contribuíndo así á plantación de 24 especies arbóreas no núcleo do pobo. 

Cada metro cadrado desta pintura equivale ao efecto "depurativo" que exerce unha árbore sobreo medio ambiente, supoñendo os 24 metros cadrados de superficie que abarca a obra á plantación que comentabamos con anterioridade. 

Vimianzo MOLA Pintando a Castelao

Desde o Concello de Vimianzo agradecen a toda a rapazada a súa implicación nesta acción, que non só quedará para a posteridade, senón que tamén contribuirá á concienciación e educación ambientais toda vez que supón un beneficio para a nosa contorna. 

Ademais queren destacar o potencial deste programa cultural, que seguro que volverá o curso que vén con máis forza.

Comentarios