Mércores. 22.09.2021
El tiempo

O Castelo de Vimianzo e os Batáns de Mosquetín abren as súas portas

  • O Concello estuda recuperar a feira dos xoves e propón unha partida de 40.000€ en axudas para os hostaleiros
Comisión Seguimento
Onte celebrouse unha nova comisión do COVID
O Castelo de Vimianzo e os Batáns de Mosquetín abren as súas portas

Onte, xoves 25 de febreiro, tivo lugar unha Comisión de seguimento da covid-19 debido ao levantamento nas restricións a partir de mañá. E unha das decisions é a reapertura, a partir do martes o Castelo e os Batáns de Mosquetín. Do mesmo xeito, o Concello estuda facer o mesmo coa feira do vindeiro xoves, que se celebrará pero aínda non se acordaron definitivamente os termos de dita apertura.

As instalacións deportivas municipais volverán abrirse, coa salvedade da pista de pádel, danada pola pasada borrasca Karim e que está pendente da reparación, e do ximnasio municipal, no que está proxectado facer obras de acondicionamento.

Axudas aos hostaleiros

O pleno do Concello de Vimianzo debaterá hoxe, venres 26 de febreiro en sesión ordinaria, a aprobación dunha modificación de crédito para, entre outras materias, adicar unha partida de 40.000 euros para establecementos hostaleiros do municipio, buscando con isto paliar os efectos da crise económica provocada pola pandemia da covid-19. Cada negocio poderá recibir ata 600 euros e a alcaldesa avanza “futuros plans para artellar axudas dirixidas a outros sectores económicos de Vimianzo”, plantexa.

comentarios