Luns. 14.10.2019
El tiempo

O Castelo de Vimianzo celebra 25 anos de artesanía

Obradoiro de Barcos e Nasas con Chema Suárez no Castelo de Vimianzo
Obradoiro de Barcos e Nasas con Chema Suárez no Castelo de Vimianzo
O Castelo de Vimianzo celebra 25 anos de artesanía

Agosto, mes da artesania en Vimianzo. O Castelo soneirán o programa do 25 aniversario da Mostra de Artesanía en vivo, que promove a realización de diferentes obradoiros durante todo o mes.

Este pasado mércores era Chema Suárez o primeiro protagonista en poñerse mans á obra, co obradoiro de Barcos e Nasas. Un moi estimado artesano que leva anos dando forma e vida a numerosas pezas de maquetería de índole mariñeira como redes, nasas, chalanas, aparellos de pesca, etc.

Dúas exposicións

Exposición Esther Ferreiro en Vimianzo

O programa xa arrincaba o pasado 31 de xullo coa inauguración da exposición de xoiería de vidro murano e mica “Sinerxías” da artesana e especialmente creativa, Esther Ferreiro.

Ademais, a exposición do XII certame de artesanía Antonio Fraguas Fraguas tamén está en Vimianzo, e pode visitarse as mañás de luns a venres do mes de agosto na Sala de Exposicións Antón Mouzo da Casa da Cultura de Vimianzo.

A mostra, organizada pola Deputación de A Coruña, reúne un total de 37 pezas de diferentes disciplinas coma a xoiería, cerámica, escultura ou costura. As obras premiadas son un sapo de prata da xoieira Carla Canedo na modalidade tradicional e un libro das encadernadoras Rosa Fernández e Mª Carmen Villalba na modalidade contemporánea.

EXPOS CERTAME ARTESANIA Antonio Fraguas en Vimianzo

Novas relacionadas

Comentarios