Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Caxoto achégalle a figura de Xela Arias á cativada de Vimianzo

Caxoto e o xurado no Entroido de Vimianzo
Caxoto, á esquerda, presentando o entroido de Vimianzo de 2019
Caxoto achégalle a figura de Xela Arias á cativada de Vimianzo

O Concello de Vimianzo acollerá o vindeiro 16 de maio ás 18:30 horas a representación do espectáculo ‘Xeliña fala galego’ polo Día das Letras. A entrada é de balde ata completar aforo e as reservas pódense facer na billeteira da Casa da Cultura de luns a venres, en horario de 9:30 a 13:30 horas, e de 16:00 a 20:00 horas. Correrá a cargo de Caxoto Contacontos.

A partires desta obra escrita a modo de diario, Caxoto visita a figura da autora dende a súa experiencia como neno que viviu esa década compartindo eses mesmos referentes. Lembranzas, historias de vida, contos e cantigas servirán para facer un completo repaso pola figura da homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas.

Caxoto é a persoa que se atopa tras do mostrador na Trastenda dos Contos. Mestre en educación primaria e sempre ligado ao espazo escénico entra en contacto coa narración oral coa súa chegada á Editorial Kalandraka no 2004. Alí logo de formarse como narrador asume a campaña de animación á lectura que o leva por colexios e bibliotecas de toda Galicia. Ten estado na bisbarra presentando entroidos e outros eventos.

2021_AUDITORIO_PA_xelinha

Comentarios