Martes. 16.04.2024
El tiempo

O CFR une á comunidade educativa no Castelo de Vimianzo

Agora, construír comunidade educativa
O CFR une á comunidade educativa no Castelo de Vimianzo

O martes 16 de novembro, de 10:30 a 12:30 horas, o Concello de Vimianzo acollerá 'Agora, construír comunidade educativa', unha mesa redonda na que participará a reputada pedagoga Nélida Zaitegi de Miguel.

A iniciativa, destinada tanto a mestrado coma a familias trátase dunha iniciativa promovida dende o Centro de Formación e Recursos da Coruña (CFR), onde se integra o Centro colaborador de Vimianzo.

As persoas interesadas poderán inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected].

Comentarios