![As clases desenvolverantos de luns a venres no CEIP San Vicenzo de Vimianzo]()
As clases desenvolverantos de luns a venres no CEIP San Vicenzo de Vimianzo
O CEIP San Vicenzo de Vimianzo acolleu na tarde do pasado luns un curso preparatorio para a proba Celga 2 de lingua galega. As clases desenvolveranse todos os días de luns a venres desde as 19 ás 21 horas ata o 2 de novembro. O
prazo de inscrición para as probas Celga segue aberto ata o 19 de setembro e as persoas interesadas poden anotarse a través da
sede electrónica da Xunta ou entregando a solicitude por rexistro dirixido á Xunta.
Para máis información ou inscrición, os interesados poden acudir ao servizo de Normalización do concello de Vimianzo, situado na planta baixa da casa consistorial ou ben contactando por correo electrónico (snl@vimianzo.gal) ou no número de teléfono 981 71 60 01.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo