![Asistentes ao Curso de Deseno Grafico da Aula CeMIT de Fisterra - Foto- Alicia Lopez]()
A aula CeMIT de Vimianzo acollerá a partir do vindeiro 10 de setembro dúas actividades gratuitas de quince horas de duración, cada unha delas sobre o
papel do Community Manager e as técnicas a empregar no streaming de audio e vídeo.
O sistema de videoconferencia da aula CeMIT será o empregado para o desenvolvemento de ambas actividades. Deste xeito, poderán realizarse en formato presencial e telepresencial.
A actividade sobre streaming de audio e vídeo se levará a cabo
entre os días 10 e 13 de setembro, e centrarase nas diferentes tecnoloxías para a xeración de contidos para streaming, así como nas diferentes tecnoloxías para a creación deste contido.
A través da actividade sobre o papel do Community Manager, que se desenvolverá
entre os días 24 e 27 de setembro, preténdese que os participantes acaben coñecendo a variedade de ferramentas de traballo que lle son útiles ao Community Manager no seu día a día.
As persoas interesadas aínda poden reservar a súa praza na aula CeMIT da localidade, a través do 981 552 568 ou a través da
web.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa da Xunta.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).