Venres. 03.05.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo mantén a súa confianza na SD Soneira para coidar o fútbol base

CONVENIO_SONEIRA-Concello Vimianzo
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, asinou a colaboración co presidente do club, José Alfonso Miñones, entre presenza doutros membros do Concello e do club
O Concello de Vimianzo mantén a súa confianza na SD Soneira para coidar o fútbol base

O Concello de Vimianzo vén de asinar un novo convenio coa Sociedade Deportiva Soneira Club de Fútbol para coidar o fútbol base (de 5 a 17 anos). Xa este pasado verán o Concello derivou as Escolas Deportivas Municipais ao coidado do club soneirán, e ratifica así a súa aposta, coa entrega de 16.000 euros para cubrir gastos de persoal vinculados coa actividade, aloxamento e manutención en competición, licenzas e cotas de participación, material deportivo específico, seguros e outros gastos xerais da entidade.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou que “para nós é de gran relevancia que os pequenos e pequenas poidan xogar nas mellores condicións, e para iso o club ten que contar cos medios e apoio necesario para poder darllas”. A rexedora quixo agradecer o intenso labor do club e o seu “firme compromiso con estas categorías”. Pola súa parte, o presidente da entidade, José Alfonso Miñones, quixo “agradecer o apoio do Concello para poder realizar a nosa actividade da mellor maneira posible”.

Comentarios