Martes. 17.09.2019
El tiempo

O Concello de Vimianzo participa esta semana no segundo encontro do programa Europeo #EuSAVE

As actividades celébranse en Melpignano, Apulia (ao sur de Italia).
As actividades celébranse en Melpignano, Apulia (ao sur de Italia).
O Concello de Vimianzo participa esta semana no segundo encontro do programa Europeo #EuSAVE

O proxecto #EuSAVE continúa a súa andadura e o próximo encontro vai ter lugar en Italia (Melpignano, Apulia) esta semana. Os integrantes das 8 delegacións internacionais dedicarán estas xornadas de traballo a profundizar no tema do evento: a innovación social como modelo de referencia para o patrimonio cultural.

Desde a posta en marcha da rede de colaboración en Vimianzo, no pasado mes de abril, os socios estiveron traballando na recollida de información sobre boas prácticas en materia de desenvolvemento local e innovación social baseadas no patrimonio cultural material e inmaterial.

Nesta ocasión non poderá acompañar a delegación vimiancesa ningún representante político, dado o momento de intensa actividade con motivo da posta en funcionamento do novo goberno. Pero, apóstase por este tipo de proxecto e iniciativas que reflexionan sobre o futuro do mundo rural e sobre o patrimonio nun contexto europeo. É intención do novo goberno asistir ao próximo encontro en Croacia no mes de setembro e aos posteriores de Bélxica, Portugal e Bulgaria.

RESUMO DO PROGRAMA

Mércores, 26 de xuño de 2019

- Recepción oficial por parte dos 12 alcaldes da Unión de Municipios da Grecia Salentina (Calimera, Carpignano Salentino, Castrignano dei Greci, Corigliano d’Otranto, Cutrofiano, Martano, Martignano, Melpignano, Sogliano Cavour, Soleto, Sterenatia e Zollino)

- Reunión de coordinación transnacional

Xoves, 27 de xuño de 2019

- Panel 1.

  • Apertura oficial por parte do Presidente da Unión de Municipios da Grecia Salentina, Roberto Casaluci
  • Presentación do proxecto, Luigi A . Dell’Aquila
  • Intervención institucional por parte da representante do Punto de Contacto Nacional para Itialia do Programa Europa cos Cidadáns, Rita Sassu.
  • Presentación das entidades participantes no proxecto (España, Croacia, Bélxica, Portugal, Bulgaria, Latvia e Antiga República Iugoslava de Macedonea).

- Panel 2.

  • Teresa Gualtieri. Presidenta nacional da Federación Italiana de Asociacións e Clubes para a Unesco
  • Rosanna Mazzia. Presidenta nacional da Asociación de Pobos Italianos con Identidade.

- Panel de experiencias e boas prácticas

Este panel está dedicado a dar a coñecer experiencias e boas prácticas nos campos da inovación social o turismo cultural o turismo slow, o turismo sostible e o patrimonio cultural:

  • Cammini di Leuca. Primeiro parque cultural eclesial en Italia. Federico Massimo Ceschin. Director Xeral de Finibus Terrae Foundation.
  • Camiños da rexión de Puglia. Davide Petranca. Profesor do Curso de formación avanzada en xestión do Instituto técnico superior regional de Apuglia.
  • As experiencias da Grecia Salentina. Ivan Stomeo, alcalde de Melpignano

- Visita guiada a Melpignano e ó seu patrimonio histórico e cultural.

Venres, 28 de xuño de 2019

- Presentación de axentes locais colaboradores do proxecto:

  • Unión de Municipios da Grecia Salentina
  • Representantes da área de Salento
  • Representantes da rexión de Apulia

- Panel temático sobre a “innovación social como modelo de referencia para o patrimonio cultural”.

- Debate sobre a situación actual e os desafíos do turismo en Europa e no sector do patrimonio cultural.

- Visita guiada á área de Salento e a costa este da rexión de Apulia e ao seu patrimonio histórico e cultural.

- Acto de despedida e tarde intercultural.

Comentarios