Culturaactiva estrea Conexión Pingüín en Vimianzo
12:23 14/04/21
Tras unha residencia intensa, este sábado 17 de abril estréase, no marco da programación primaveral, Conexión Pingüín no Auditorio de Vimianzo, unha divertidísima comedia sobre a incomunicación protagonizada por Luís Iglesia e Marcos Orsi con texto do premiadísimo José Prieto e producida por Culturactiva Producións.
Tralo éxito de Sénior, estes dous grandes actores xúntanse de novo para meterse na pel de dous intrépidos montañeiros que tratan de chegar á Antártida.
Emocionante será a estrea nun momento coma este.