Venres. 29.03.2024
El tiempo

Denuncian a instalación do Parque Eólico do Monte Tourado por posibles problemas mediomabientais

Denuncian a instalación do Parque Eólico do Monte Tourado por posibles problemas mediomabientais
Nova demostración de rexeitamento ante a enorme instalación de novos parques eólicos na Costa da Morte. A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), a máis veterana das entidades ecoloxistas de Galicia, vén de completar unha denuncia contra a instalción do Proxecto do Parque Eólico no Monte Tourado, en Vimianzo. A entidade vai presentar alegacións ao considerar que o parque afectaría a un hábitat prioritario e a catro especies ameazadas.

Problemas ambienatais

A entidade estudiou a Avaliación de Impacto Ambiental do proxecto Parque Eólico Monte Tourado (Vimianzo, A Coruña), promovido por Sistemas Enerxéticos Edreira. Deste xeito, a SGHN vai presentar alegacións porque entende que "os viais de acceso do proxecto atravesarían ou hábitat Brezais húmidos "Cirsio filipenduli-Ericetum ciliaris", de conservación prioritaria na Unión Europea. Ademais inciden que o proxecto podería afectar a tres especies catalogadas como vulnerables (Ra iberica, Circus pygargus e Rhinolophus ferrumequinum) e a unha considerada en perigo de extinción (Tetrax tetrax). Nesa liña conservadora, a entidade vai solicitar á Xunta que avalíe trazados alternativos, e que estudie con detalle as posibles afeccións a ditas especies, sobre todo a mortandade de anfibios, réptiles, aves e mamíferos nos viais de acceso.

Novas relacionadas

Fonte e máis información

Comentarios