Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Camiño alonxa os eólicos da zona de Muxía

O Camiño alonxa os eólicos da zona de Muxía

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avala a negativa da Dirección Xeral de Patrimonio á instalación de aeroxeradores no parque eólico Muxía II, na área de influencia do Camiño de Fisterra a Muxía. En concreto, nun tramo que afecta ás parroquias de Morquintián e Moraime, ambas as pertencentes ao municipio muxián. A empresa Desenvolvementos Eólicos presentara un recurso en alzada contra a decisión de Patrimonio, que, con todo, non recibiu resposta. Contra esa desestimación por silencio administrativo, a empresa acudiu á xustiza pero os xuíces danlle a razón á Xunta.

Un problema patrimonial que xa avanzaban ADEGA e o grupo ecoloxista da Ponte do Porto PX, e que os propios veciños xa valoraran no 2008, malia non presentar demasiada oposición.

O tribunal sinala que o citado informe non é impugnable. Así, a empresa deberá levantar os seus aeroxeradores a maior distancia da pretendida, tal e como se lle indicaba desde a Xunta.

O parque eólico Muxía II aínda está pendente de construír, aínda que xa ten todos os permisos. Terá 34 muíños. Ademais de Morquintián e Moraime tamén afectará aos montes de Nemiña.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios