Denuncian a instalación do Parque Eólico do Monte Tourado por posibles problemas mediomabientais
09:19 13/01/11
Nova demostración de rexeitamento ante a enorme instalación de novos parques eólicos na Costa da Morte. A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), a máis veterana das entidades ecoloxistas de Galicia, vén de completar unha denuncia contra a instalción do Proxecto do Parque Eólico no Monte Tourado, en Vimianzo. A entidade vai presentar alegacións ao considerar que o parque afectaría a un hábitat prioritario e a catro especies ameazadas.
Problemas ambienatais
A entidade estudiou a Avaliación de Impacto Ambiental do proxecto Parque Eólico Monte Tourado (Vimianzo, A Coruña), promovido por Sistemas Enerxéticos Edreira. Deste xeito, a SGHN vai presentar alegacións porque entende que "os viais de acceso do proxecto atravesarían ou hábitat Brezais húmidos "Cirsio filipenduli-Ericetum ciliaris", de conservación prioritaria na Unión Europea. Ademais inciden que o proxecto podería afectar a tres especies catalogadas como vulnerables (Ra iberica, Circus pygargus e Rhinolophus ferrumequinum) e a unha considerada en perigo de extinción (Tetrax tetrax). Nesa liña conservadora, a entidade vai solicitar á Xunta que avalíe trazados alternativos, e que estudie con detalle as posibles afeccións a ditas especies, sobre todo a mortandade de anfibios, réptiles, aves e mamíferos nos viais de acceso.Novas relacionadas
- 10-01-11: O grupo ecoloxista PX amósase satisfeito ante a resolución sobre a ubicación do parque eólico muxián.
- 07-01-11: O Camiño alonxa os eólicos da zona de Muxía.
- 14-05-09: Os eólicos avanzan cara Muxía coa oposición de Patrimonio e de moitos veciños.
- 26-02-09: ADEGA tamén protesa pola liña de alta tensión dos eólicos de Muxía .
- 23-07-08: PX mostra o seu rexeitamento ao parque eólico de Muxía .
- 24-04-08: A Liña de Alta Tensión para os eólicos de Muxía, a exame .