Denuncian adxudicacións ilegais á Neria
Lemos estes días en El Correo Gallego un artigo de José Fernánde no que denuncia a ilegal adxudicación por parte da Deputación do concurso da xestión das Torres do Allo e os Batáns do Mosquetín por un total de 27.830 € (IVE incluido).
Unha adxudicación que chegou tarde, que permitiu que abriran ao público despois de varios meses pechado a finais de xullo. Foi finalmente a sociedade Neria-Costa da Morte SLU a escollida pola Deputación malia que un mes antes anunciaran que sería o Concello de Zas o que levaría a xestión.
Considera José Fernández, e así llo fixo chegar ao Xulgado de Corcubión, que a Asociación Neria utiliza a sociedade Neria-Costa da Morte SLU evitando así o embargo xudicial que sofre a día de hoxe. Deste xeito, tendo embargadas as súas contas a raíz dun proceso monitorio”, estaría recibindo fondos que “non poderían, (supostamente) ser embargados para o pago da débeda”, segundo Fernández.
Denuncia Fernández que a SLU (Sociedad Limitada Unipersonal) está composta por 5 membros que son á súa vez os 5 membros da comisión permanente da Neria; utiliza o mesmo CIF que a SL constituída en 2010, cando naquela data non existía a figura da SLU.
Xa temos exemplos de como levan a cabo a xestión de bens patrimoniais como o museo sen luz de Fisterra ou o museo pechado en canto llo adxudicaron “Seno de Corcubión”.
A Neria denunciará
O presidente da Neria Francisco Javier González Trillo asegurounos que "presentarán demanda contra este persoeiro", ao entender que "a adxudicación é correcta".
Máis información
- Recunchosdacosta: Os Batáns do Mosquetín.
- Recunchosdacosta: As Torres do Allo.
- Recunchosdacosta: O Dolmen de Dombate.
Novas relacionadas
- 24-07-14: As Torres do Allo e os Batáns do Mosquetín abren o público.
- 25-06-14: O Concello de Zas levará probablemente a xestión das Torres do Allo.
- O Museo sen luz.
- Unha viaxe política para vender o valor turístico do Camiño a Fisterra e Muxía.
- A Neria pon no tellado do Concello de Cee e da Deputación a apertura do C3M.
- Agardando polos códigos Qr.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- El Correo Gallego.