Venres. 19.04.2024
El tiempo

Deputación e Concello renovan o convenio sobre a xestión do Castelo e os Batáns

Fiadeiras do Lino no Castelo de Vimianzo
Fiadeiras do Lino no Castelo de Vimianzo
Deputación e Concello renovan o convenio sobre a xestión do Castelo e os Batáns

Veñen de renovar o convenio de xestión, Deputación e Concello de Vimianzo, para manter vivo o Castelo e os Batáns do Mosquetín. O ente provincial fai unha achega de 97.000 euros para financiar a xestión de recibimento dos visitantes, para as actividades durante 2021, e para manter a Mostra de Artesanía en Vivo.

 Tamén haberá visitas teatralizadas en tempada alta, e tamén está previsto realizar visitas nocturnas, contado o éxito destes últimos anos.

O plan de acción inclúe outras actividades para realizar ao longo do ano, ca fin de involucrar á poboación local e ás persoas visitantes. Está previsto levar a cabo un obradoiro de decorados medievais, un desfile de moda de liño, un obradoiro de maquetas de barcos, exposicións temáticas na cociña, palilladas no patio do castelo, roteiros a pé pola contorna do monumento, relatorios sobre os seus distintos aspectos e actuacións musicais e audiovisuais.

En canto aos Batás do Mosquetín, de cara á tempada alta elabórase un calendario de visitas guiadas e en tempada baixa pódense concertar, limitando este servizo á disposición dos recursos.

Comentarios