A Mostra de Artesanía en vivo do Castelo de Vimianzo volve crear
13:38 24/06/20
Xa está aberto de novo un dos espazos culturais e etnográficos máis simbólicos da Costa da Morte. Os artesáns da comarca están de volta dende hai un par de semanas nos seus postos da Mostra de Artesanía ao Vivo do Castelo de Vimianzo, demostrando a riqueza artesá que temos na comarca.
Coas restricións obrigatorias para respectar as medidas de seguridade, como o uso da máscara, a capacidade máxima en cada sala, e un itinerario marcado en sentido único, pódese visitar por completo de martes a domingo de 10:30 a 14 horas pola mañá, e de 16:00 a 20:30 horas pola tarde.
A palilleira Margarita
Carmen e Gloria co liño
A sombreira Mari Carmen
Chema o ebanista
Alberto Lista o Oleiro de Buño