Mércores. 18.09.2024
El tiempo

Descubrindo a maxia da Pedra da Arca

Descubrindo a maxia da Pedra da Arca
pedra-da-arca-vimianzo A moura da Pedra da Arca recibiu aos alumnos e alumnas do CEIP San Vicenzo de Vimianzo Alumnos e alumnas do CEIP San Vicenzo de Vimianzo visitaron o pasado mércores a emblemática Pedra da Arca - ou a casa dos Mouros de Regoelle - onde os agardaba a moura que habita no dolmen para lles explicar a historia lendaria, mais tamén a historia dos homes e mulleres que construíron o monumento megalítico. Segundo o testemuño da guía, esta decidiuse a amosarse ante os nenos de 5 a 7 anos para pedirlles axuda na conservación destes lugares tan valiosos, confiando que as novas xeracións seguirán velando por estas construcións milenarias. A actividade demandada polo centro como complemento educativo á introdución dos máis pequenos no mundo da prehistoria recibiu o respaldo do concello dentro do programa de turismo escolar que está a desenvolver durante o presente outono. Un programa que pretende achegar o alumnado a distintos capítulos da nosa historia, mediante visitas guiadas ós múltiples lugares de interese histórico e cultural que alberga o municipio. Novas Relacionadas Fonte

Comentarios