Día de declaracións de alcaldes imputados

Foi onte un día de declaracións nos Xulgados da comarca. Polo sur, Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo, intentaba clarexar a súa actuación na xestión da fallida moción de censura. Mentres, en Carballo, o alcalde de Coristanco tiña que pasar polos Xulgados (volverá o luns) para declarar pola suposta trama de prevaricación en varias obras.

7 horas de declaración

Se tamén pasaron declaración os 8 imputados do Concello, máis longa foi a do alcalde de Coristanco no Xulgado de Carballo. Tras 6 horas declarando ante a xuíza, amosouse “tranquilo” con signos de cansanzo. Pensado declaraba tras serimputado por prevaricación e malversación de fondos públicos, pola suposta adxudicación irregular de varias obras públicas trala denuncia dunha empresa que se entendiu desprazada inxustamente de varios procesos de contratación. Pensado centrou a súa defensa en “posibles erros de bulto na investigación” por parte da policía xudicial. Defendiu a transparencia de todos os procesos de contratación, e, así mesmo, recordou que o caso está sendo investigado tras “unha disputa entre dúas empresas”. Terá que volver o luns a declarar Pensado a raíz da denuncia da Secretaria Municipal por un suposto acoso laboral, á que acusou de “ter un enfrontamento con todo o Concello, cos compañeiros, non só co alcalde”.

Declaracións de Antelo

Antelo acodiu a declarar
Considera Antelo que deixou a súa xestión durante a fallida moción de censura suficientemente explicada. Antelo asegura que, naqueles días de vertixe, ata lle pedira á Secretaria que pedira a alta voluntaria, unha vez que acusación, un dos asuntos que denuncia, é que aquel sábado 2 de marzo non había Secretaria, e precisamente ese feito impediu que a Moción fose legal. Antelo espera que a acta sexa arquivada, ao entender, como o seu partido, que se trata dunah “querela política.

Máis información

Novas vimiancesas

Novas de Coristanco

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Diario de Bergantiños.
  • La Voz.