Venres. 26.04.2024
El tiempo

TeGa presentará máis medidas para clarexar as imputacións do Concello de Coristanco

TeGa presentará máis medidas para clarexar as imputacións do Concello de Coristanco

Continúa o Concello de Coristanco pendente das decisións xudiciais. Dende a oposición xa teñen solicitado a demisión do alcalde trala súa imputación por prevaricación e malversación de fondos públicos. Esta fin de semana tiña lugar un pleno extraordinario, convocado por TeGa, para intentar clarexar a situación das impuacións.

Un obxectivo que segundo o grupo de Amancio Lavandeira “non se cumpriu”, polo que “valora emprender outras accións despois comprobar que o alcalde sigue sin dar explicacións sobre a situación de gravidade que está sufrindo o concello de Coristanco”.

”Agora mismo, desde os servizos xurídicos de TeGa, estanse a valorar as accións que permitan averiguar os motivos que levaron ás imputacións de todo o equipo de goberno actual e ao alcalde, así como aos tres edís da anterior etapa. Por eso TeGa plantexará a forma de obter a información que desde o pleno o alcalde non lles quixo entregar. Estudiaremos accións para que os veciños de Coristanco poidan dispoñer da información completa de todo o que está a pasar e para que non se repitan situacións como as acontecidas no pasado pleno. Seguiremos pelexando pola transparencia da administración e dos que gobernan no concello”, aseguran.

”Pensamos que varias das imputacións non só se deben as disputas sobre as licencias entre dúas empresas, senón que hai outros motivos a maiores que poideran ser constitutivos de delito, e esto é o que o alcalde debe aclararlle aos veciños e aos grupos da oposición”, apunta Lavandeira, que critica o “escurantismo” do grupo de goberno por “non ter aportado a documentación necesaria así como as probas da súa inocencia”.

Así, TeGa cre que “urxe dar unha resposta contundente. As empresas non merecen estar nunha situación de incertidume. Os veciños teñen que saber que os que lles gobernan non deben ter o mínimo de sospeita de presuntos delitos”.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios