Día de declaracións de alcaldes imputados
14:37 19/09/14
Foi onte un día de declaracións nos Xulgados da comarca. Polo sur, Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo, intentaba clarexar a súa actuación na xestión da fallida moción de censura.
Mentres, en Carballo, o alcalde de Coristanco tiña que pasar polos Xulgados (volverá o luns) para declarar pola suposta trama de prevaricación en varias obras.
7 horas de declaración
Se tamén pasaron declaración os 8 imputados do Concello, máis longa foi a do alcalde de Coristanco no Xulgado de Carballo. Tras 6 horas declarando ante a xuíza, amosouse “tranquilo” con signos de cansanzo. Pensado declaraba tras serimputado por prevaricación e malversación de fondos públicos, pola suposta adxudicación irregular de varias obras públicas trala denuncia dunha empresa que se entendiu desprazada inxustamente de varios procesos de contratación. Pensado centrou a súa defensa en “posibles erros de bulto na investigación” por parte da policía xudicial. Defendiu a transparencia de todos os procesos de contratación, e, así mesmo, recordou que o caso está sendo investigado tras “unha disputa entre dúas empresas”. Terá que volver o luns a declarar Pensado a raíz da denuncia da Secretaria Municipal por un suposto acoso laboral, á que acusou de “ter un enfrontamento con todo o Concello, cos compañeiros, non só co alcalde”.Declaracións de Antelo
Considera Antelo que deixou a súa xestión durante a fallida moción de censura suficientemente explicada. Antelo asegura que, naqueles días de vertixe, ata lle pedira á Secretaria que pedira a alta voluntaria, unha vez que acusación, un dos asuntos que denuncia, é que aquel sábado 2 de marzo non había Secretaria, e precisamente ese feito impediu que a Moción fose legal. Antelo espera que a acta sexa arquivada, ao entender, como o seu partido, que se trata dunah “querela política.Máis información
Novas vimiancesas
- 15-09-14: O BNG comarcal denuncia que as imputacións de Antelo son armas do PP.
- 25-07-14: Continúan as imputacións en Vimianzo.
- 29-04-14: A política ponse de costas en Vimianzo.
- 12-03-14: O PSOE expulsa provisionalmente aos edís promotores da fallida moción de censura.
- 03-03-14: Definitivamente, non haberá moción en Vimianzo.
- 01-08-13: Vimianzo volve estar pendente dunha moción de censura.
- 06-03-13: Antelo: “Non haberá moción de censura”.
- 04-03-13: Conmoción en Vimianzo ante a moción de censura e expulsados os 4 edís de PP e PSOE.
- 02-03-13: Moción de censura en Vimianzo.
Novas de Coristanco
- 20-08-14: TeGa presentará máis medidas para clarexar as imputacións do Concello de Coristanco.
- 19-06-14: A oposición pide a dimisión dun sorprendido alcalde de Coristanco.
- 18-06-14: O alcalde de Coristanco, imputado por prevaricación e malversación de fondos públicos.
- 17-02-14: O BNG de Coristanco valora o rexistro no Concello e critica o PXOM de Cabana.
- 14-02-14: A concesión de obras municipais volve levar a un Concello de Coristanco ante a Xustiza.
- 12-02-14: Rexistro no Concello de Coristanco por suposto delito de prevaricación e tráfico de influencias.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Diario de Bergantiños.
- La Voz.