Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A oposición pide a dimisión dun sorprendido alcalde de Coristanco

A oposición pide a dimisión dun sorprendido alcalde de Coristanco
Imaxe dun Pleno en Coristanco

Despois de coñecer a nova da imputación do alcalde de Coristanco, a oposición xa salta a voz pública. Así, o BNG e TEGA xa solicitan a dimisión dun alcalde que se considera “sorprendido” pola súa imputación.

O BNG considera que o alcalde debe dimitir

O BNG coristanqués considera que, “despois de confirmarse a imputación do alcalde de Coristanco, este debe dimitir e o Partido Popular dar as explicacións oportunas”. Esixe tamén que “se tomen as medidas necesarias para que o Concello recupere a normalidade e poida desenvolver con eficacia e transparencia as tarefas propias do goberno”.

Consideran que “é fundamental chegar ao fondo dos asuntos investigados para que a verdade do asunto saia á luz e se depuren responsabilidades de todos e cada un dos supostos implicados”.

En todo caso, “o feito de coñecerse esta imputación (que podería ser seguida de outras de persoas que forman parte da Xunta de Goberno Local), que obedece a presuntos delitos contra a administración e a facenda públicas, son motivos máis que suficientes para presentar a dimisión como representante público ou para que, no suposto de o non facer, o Pleno do Concello inste ao alcalde a que dimita”, entenden.

Critica a Portavoz Municipal do BNG de Coristanco, Laura Mariño, que “Na xunta de portavoces posterior á investigación xudicial do pasado 12 de febreiro, o alcalde nin sequera quixo valorar que responsabilidades tomaría o PP en caso de resultar imputado, dicindo ter a conciencia moi tranquila e comprometéndose a manter informada á oposición unha vez se souberan as conclusións da investigación. A día de hoxe, unha vez máis, o alcalde faltou á súa palabra e sabemos desta imputación e outros truculentos detalles da investigación a través da prensa”.

TeGa manifesta a súa preocupación

Dende TeGa queren manifestar “a nosa preocupación e o noso profundo malestar ao comprobar como, unha vez máis, o noso concello protagoniza os titulares de prensa cunha mala nova. Parece que xa non abonda conser protagonistas sobre os verquidos incontrolados, subas astronómicas de impostos, construcción e posterior abandono das instalacións e infraestructuras do concello. Agora, temos que ver cómo Coristanco tamén é noticia por un grave caso de imputacións que implica ao goberno”, lamentan.

Consideran ademais, que “á vista do sumario, as acusacións son moi graves, e o alcalde debe de asumir inmediatamente a súa responsabilidade. A vida municipal precisa dunha seguridade xurídica e política que o actual goberno municipal é incapaz de garantir, polo que perdeu a súa lexitimidade para seguir representando ao pobo de Coristanco. Os veciños non se merecen soportar esta situación nin un minuto máis”.

Por este motiv esixen “a inmediata dimisión de tódolos imputados”, entendendo que “a imputación obrígalles a dar explicacións e a renunciar ás súas actas e soldos públicos mentras non se resolvan a súas condicións de imputados. Naturalmente, a presunción de inocencia é sagrada e o único que podemos manifestar ao respecto é que temos o máximo interés en que os tribunais esclarezan, no prazo máis breve posible, esta gravísima situación para que os veciños de Coristanco poidan saber con absoluta claridade a quen teñen na sede municipal”.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios