Do Mar á Terra participa no #EcomGastro
08:05 29/04/16
Do Mar á Terra e un proxecto que leva máis de dous anos en marcha
Rosa Sánchez - ADL do concello de Vimianzo - presentará o proxecto "Do mar á terra" no evento #EcomGastro que terá lugar no hotel Finisterre da Coruña. Neste congreso reúne a expertos en comunicación e en gastronomía e no que se presentarán máis de 30 iniciativas e casos de éxito na materia.
O turno para Vimianzo será ás 18 horas na sección "A que sabe a provincia da Coruña?" e daranse a coñecer o proxecto que ten como ingredintes os froitos do mar da Costa da Morte, a ecogastronomía, a arqueogastronomía e o bo facer dos hostaleiros e hostaleiras. "Do mar á terra" leva máis de dous anos en marcha e conseguiu xuntar o rico patrimonio cultural de Vimianzo coa festa do Asalto ao Castelo e a iniciativa dos Pinchos Irmandiños. Outro dos éxitos do proxecto foi a elaboración dun libro de receitas, telerreceitas, recomendacións para usos sostibles,...
"Do mar á terra" xa se presentou noutros foros como o Forum Gastronómico da Coruña ou a feira Xantar de Ourense.
Novas relacionadas
- "Do mar à terra” en Vimianzo
- Os eixos do proxecto “Do mar a terra”
- “Do mar a Terra”, educando o padal.
- Redacción QPC ([email protected])
- Vimianzo