Venres. 30.09.2022
El tiempo

Dous detidos por acoitelar a un home nas Festas de Carantoña

Os detidos, xunto coas actuacións realizadas, foron postos a disposición do Xulgado de Corcubión.
Dous detidos por acoitelar a un home nas Festas de Carantoña

Este pasado 30 de xullo celebráronse as Fesxtas de Carantoña (Vimianzo). Festas que acabaron cun home acoitelado, que tivo que ser atendido polo persoal sanitario e trasladado ao Complexo Hospitalario Virxen da Xunqueira de Cee, para o tratamento das súas feridaas provocadas por varias punzadas sufridas na zona abdominal, ademais da rotura dunha boneca e dun dente.

A Garda Civil do Posto de Vimianzo, acodía de inmediato ao lugar, e en colaboración co Equipo Roca de Carballo comezou unha investigación. Os axentes consideran que alomenos dúas persoas se abalanzaron sobre a vítima que se atopaba na verbena en compañía da súa parella, tirándoo ao chan e propinándolle repetidamente puñadas e patadas por todo o corpo. Durante a agresión, mentres a vítima era golpeada, un dos detidos extraeu unha arma branca que levaba escondida para, aproveitando que a vítima estaba no chan, propinarlle dous punzadas na zona abdominal.

Finalmente a Garda Civil detivo a dous homes veciños de Muxía e Cee, como presuntos autores da agresión realizada cunha arma branca manténdose a investigación aberta para a identificación de máis persoas implicadas nos feitos.

comentarios