Dous ex concelleiros e un xornalista, imputados por calumnias contra o alcalde de Vimianzo

07:15 26/10/15

Non deixa o Concello vimiancés de traer novas xudiciais. Desta volta, Xulgado de Instrución número 2 de Corcubión acaba e imputar ao concelleiro José Manuel Rodríguez Blanco, á exconcelleira Montserrat Vázquez Miñones e ao xornalista Abraham Coco por calumnias contra o alcalde Manuel Antelo Pazos.
As supostas calumnias saen dunha reportaxe publicada a doble páxina no diario de tirada nacional ABC co titular "El alcalde de Vimianzo chantajeó a una edil para evitar una moción de censura" no que se acusaba ao alcalde de chantaxear a Montserrat Vázquez para que retirara o seu apoio á fallida moción de censura.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).