Venres. 19.04.2024
El tiempo

100 queixas do BNG polos 100 días de goberno socialista en Camariñas

100 queixas do BNG polos 100 días de goberno socialista en Camariñas

O BNG de Camariñas fai unha avaliación, e faina "moi negativa", dos primeiros 100 días do mandato do alcalde do PSOE. Segundo denuncian dende a oposición, "a alcaldia de Camariñas non está a cumprir as súas promesas eleitorais nin está a resolver os problemas dos/as camariñáns".

Denuncian dende o BNG, "unha vez máis, que aínda seguen sen arranxarse a estrada da Lagoa (Arou), arrasada polo temporal Backy hai un ano". Unhas queixas que curiosamente facía igualmente o PSOE camariñán contra a Xunta de Galicia.

O BNG critica tamén que "non existe un plan de dinamización do turismo no noso Concello, non existe promoción do pequeno comercio, da feira da Ponte do Porto, nin do mercado de Camariñas".

Ten para todos o BNG: "Non existe por parte da alcaldia, nin por certo do PP, un apoio firme e decidido (como así o fixo o BNG de Camariñas) á Confraría de Camelle na súa loita contra o furtivismo e contra as accións violentas que están a despregar os furtivos contra a corporación de dita Confraría". Destaca tamén a falta de solucións ante a praga de pulgas que están a ter os e as veciñas de Camelle e que pode derivar nun problema de saúde pública. E continúa: "No noso Concello segue haber verquido de escombros incontrolados e segue a estar sin resolverse a aprobación do Plan Xeral (PXOM), a construción do tanatorio e os polígonos empresariais".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de do BNG de Camariñas da man do Responsable Local, Manuel Camiño Mouzo.

Comentarios