Domingo. 05.05.2024
El tiempo

En marcha a Fagía de Carnés, a festa gastronómica con máis de 400 anos

En marcha a Fagía de Carnés, a festa gastronómica con máis de 400 anos
Comisión de Festas da Fagía de Carnés

Son moito 400 anos de historia para unha festa gastronómica. I é que como repasamos no Estudio realizado por Rafael Lema, a de Carnés é unha das festas máis antigas de Galicia.
A Faguía de Carnés, declarada Festa de Interese Turístico nacional no 2010 celebrase o 9 de xullo, véspera de San Cristovo, e na actualidade seguindo a tradición organizase unha degustación de callos.

Xa o ano pasado puxeron 3000 quilos de callos e para este curso contan con repartir máis de 2000 racións. Así nolo contan os membros da comisión de festas, presidida por Esteban Pérez Rodríguez, tesoureiro Manuel Antelo Lema e secretario Jesús Valiña Lema organizan as festas na honra de San Cristovo de Carnés. Eles foron os encargados de recadar fondos entre os veciños e coordinar aos voluntarios que colaboran para que a faguía de Carnés con máis de 400 anos de historia sexa un ano máis un éxito.

Unha longa preparación

E non é baladí a preparación de "tantocallodedios", como lle din. O día 8 de xullo os membros da comisión e os voluntarios acondicionan a Cerca de San Cristovo e comezan cos preparativos da comida. O día 9 de xullo ao redor das catro da mañá, despois dunha tirada de fogos anunciadores, comeza a cocedura dos callos na caseta que está dentro do Campo da Cerca, o mesmo recinto onde se vai celebrar a festa e que fora construída alá polo 1832.

Ao redor das dez ou once da mañá comezan a estar listas as primeiras potas de callos aínda que levará todo o día preparar as 50 potas con máis de 300 kilos de garavanzos, carnes, especies…

Sobre as sete da tarde comeza a misa na honra de San Cristovo cantada pola charanga Támega.
Rematada a misa varios veciños collen a imaxe de san Cristovo e saen en procesión da igrexa cara á Cerca compañados pola charanga Támega e o grupo de gaitas Trubisquiña e máis atrás o resto dos veciños.
Ao chegar a Cerca levarán a San Cristovo a un estrado con decoración floral situado o fondo do recinto para que presida a comida e da comezo o reparto de racións de callos. Ao rematar a degustación, ao redor das 11 da noite, varios veciños volven coller a imaxe do Santo e lévana outra vez para a igrexa parroquial ao son das gaitas e pandeiretas. Neste momento a xente vai saíndo da Cerca e diríxese cara ao campo da festa onde terá lugar a romaría amenizada polas orquestras Combo Dominicano e Panorama.

As Festas de San Cristovo toman o relevo

O día seguinte, 10 de xullo, é o de San Cristovo, patrón da parroquia, que comeza coa alborada do grupo de gaitas o Revoltixo de Carantoña. Na igrexa parroquial celebraranse misas de ofrendas dende as 9 da maña e a a misa principal na honra do Santo celebrarase cara á unha do mediodía e ao acabar vóltase sacar a imaxe en procesión. Ao rematar esta, realízase a tradicional poxa das ofrendas dos parroquianos ao Santo.

As dúas da tarde gran traca de bombas de palenque e de seguido actuación de grupo de baile Airiños do Río Grande. Sesión vermú a cargo de orquestra Xente Nova. Pola noite a romaría amenizada polas orquestras Xente Nova e Ciclón.

E non queda aí a cousa, o xoves 11 de xullo día de San Bieito a misa solemne á a unha da tarde con procesión, traca de fogos e actuación da orquestra Atenas. Pola noite continúan os festexos no campo da festa coa actuación das orquestras Atenas e Armonía Show.
O 12 de xullo día da Virxe do Carme a misa solemne á a unha da tarde con procesión, traca de fogos e actuación dunha orquestra. Pola noite continúan os festexos no campo da festa coa actuación de París de Noia e outra orquestra.

Novas relacionadas

Un estudio sobre a historia da Fagía de Carnés

Fonte

Comentarios