A escavación do Castro das Barreiras pecha cun gran achádego metalúrxico
Remata esta semana o novo proxecto de excavación do Castro das Barreiras, en Vimianzo, cunhha descuberta impresionante, emocionante. Aparecía molde de fundición para bronce, un achádego que confirma que neste especial castro había industria metalúrxica. Precisamente a metaluxia podería ser a causa da singular ubicación, pois non é normal atopar castros no medio dunha chaira.
É a descuberta máis importante deste mes de excavacións, pero ademais saíron á luz uns muros de vivendas de dimensións enormes, varios restos de cerámica...
Agora toca tapar o castro e poñerse a analizar os achádegos.
Grandes muros das vivendas do Castro das Barreiras .Divulgación
Mención aparte merece o proxecto de divulgacón, que levou centos de nenos a visitar a excavación e que puideron sentir a emoción da arqueoloxía da man de Tito Concheiro. Ademais as visitas abertas dos xoves foron todo un éxito, recibindo xente de toda Galicia.
https://www.facebook.com/castrodasbarreiras/videos/196071104219270/?t=2Novas relacionadas
- 13-04-18: Vimianzo abre as súas Barreiras.
- 2018: Vimianzo volverá a escavar o Castro de Barreiras
- 2018: O Triángulo da Historia une a Cabana, Vimianzo e Zas
- 2011: O concello de Vimianzo afeita o Castro de Barreiras e agarda o permiso de excavación.
- 2011: Vimianzo presenta un completo programa cultural de outono.
- 25-10-10: Piden a catalogación do Castro de Barreiras como Ben de Interese Cultural.
- 14-10-10: O Castro de Barreiras: o expediente X da arqueoloxía galega.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])