Martes. 23.04.2024
El tiempo

Falece unha muller de 80 anos atropelada en Vimianzo

  • A Garda Civil lembra a importancia de usar roupa reflectante.
Falece unha muller de 80 anos atropelada en Vimianzo

Unha señora duns 80 anos era atropelado esta tarde de sábado (arredor das 20h) cando cruzaba a estrada que une Vimianzo e Camariñas no lugar da Ponterroda, preto dos karts.

A señora, veciña da zona, intentou cruzar nunha zona sen visibilidade, sen paso de peóns e non levaba roupa reflectante.

Así sinala a Garda Civil, facendo fincapé na necesidade de utilizar este tipo de prendas para deixarse ver.

Lembran ademais que a media de idade de persoas falecidas por atropelos nas estradas é de 81 anos. "De 71 falecidos nas estradas galegas 11 eran peóns. Ningún deles facía uso de pezas reflectoras. A maioría deles faleceron cando xa estaban a chegar alén da calzada, é dicir, non irrompen de forma repentina na calzada (como pode pasar nas cidades) cruzan cando non vén ninguén, pero os seus movementos son lentos e non lles dá tempo a chegar alén, o condutor non os ve e de súpeto atópao no medio sen poder facer nada para evitar atropelalo".

Comentarios