Falece un neno de dous anos tras ser atroplelado en Coristanco
Traxedia en Coristanco nesta fin de semana. O mediodía do sábado 16 de maio tinguiuse de luto despois de que un neno duns dous anos de idade perdera a vida despois de ser alcanzado por un turismo na parroquia de Erbecedo.
Os particulares que primeiro se puxeron en contacto cos servizos de emerxencias para pedir axuda xa sinalaban a gravidade do accidente. O persoal do CAE 112 Galicia solicitou a intervención urxente da Garda Civil de Tráfico e dos membros do GES de Ponteceso. Pola súa banda, Urxencias Médicas enviou unha ambulancia ao lugar do sinistro, mais o equipo médico nada puido facer por salvar a vida do cativo. Un grupo de psicólogos especializados, que colaboran co CAE 112 Galicia en emerxencias graves e catástrofes, contactarán coa familia do rapaz no caso de seren necesarios.
Un ferido en VimianzoUnha persoa resultou ferida en Vimianzo tras colidir contra un poste o turismo que conducía. O equipo médico do helicóptero con base en Santiago se desprazou esta mañá a Vimianzo para atender a unha persoa que resultou ferida tras sufrir un accidente de tráfico. As testemuñas do sinistro indicaron aos xestores do 112 Galicia que o turismo que conducía a afectada se saíu da vía e chocou contra un poste. Os Bombeiros de Cee acudiron ao lugar dos feitos, pese a que o alertante asegurou que a persoa podería abandonar o coche sen a necesidade dun equipo de excarceración. Ademais dos bombeiros do parque comarcal, participaron no operativo a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Vimianzo e Urxencias Médicas. O sinistro se rexistrou ás 08:20 horas do domingo.
Outros sucesos
- 01-05-15: Un home falece dun infarto na rúa na Ponte do Porto.
- 20-04-15: Falece unha ceense nas Baleares tras unha grave caída.
- 16-04-15: Un home falece ao caerlle unha árbore enriba en Ponteceso.
- 16-04-15: Rescatado un pescador que caeu ao mar en Barizo.
- 14-04-15: Falece o home que caía onte dun tellado en Fisterra.
- 13-04-15: Un peón faleceu en Cabana despois de ser atropelado por un turismo.
- 02-04-15: Falece un neno de 8 anos ao caer dun balcón en Fisterra.
- Un home foi evacuado polo helicóptero medicalizado tras sufrir un accidente doméstico en Mazaricos.
- 02-03-15: Arde en Mazaricos a maquinaria dun taller.
- 11-02-15: Un incendio no centro de Carballo causa dous feridos.
- 19-01-15: Calcinada unha vivenda en Corcubión.
- Un coche queda calcinado diante do cruceiro de Seiruga.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).