Un falecido en accidente laboral tras envorcar o camión que estaba descargando

17:48 15/12/23
Un operario faleceu este venres en Castrelo, Vimianzo, tras sufrir un accidente laboral.
Segundo a información dos servizos de emerxencias, o suceso tivo lugar ao mediodía deste venres, cando o operario falecido, de 34 anos e natural da zona, atopábase descargando un camión, que envorcou.
Ata a zona desprazáronse os Bombeiros de Cee, Policía Local e Garda Civil, así como persoal sanitario. Nun principio foi mobilizado o helicóptero sanitario do 061 con base en Santiago, aínda que finalmente non chegou a intervir dado que a vítima xa falecera.