Festas de Santa Irene

09:45 04/05/11

Hoxe viaxamos ata Vimianzo para coñecer unhas novas festas. As de Santa Irene, que chegan cargadas de verbena para estes venres 6, sábado 7 e domingo 8 de maio.
O venres comezará con comida: Orella á feira de balde dende ás 20:00h que rematará coa gran orquestra Ledicia e o Grupo D'Moda.
Para o sábado a festa comezará coa misa solemne ás 12:00h na capela na honra a Santa Eylena. A sesión vermú será coa Foliada de Salto, e o grupo Jalea Real. E pola noite verbena coa Canadá e o grupo Super-T.
Para o domingo, e trala misa ás 14:00h na honra á Virxe das Neves, toca sesión vermú con Jalea Real.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).