Domingo. 06.12.2020
El tiempo

Fotodesfeita: O mal uso do depósito de plásticos agrícolas de Salto

Fotodesfeita: O mal uso do depósito de plásticos agrícolas de Salto

Poucas veces son as administracións a que envían as fotodesfeitas, pero desta volta é o Concello de Vimianzo o que “urxe á veciñanza a empregar correctamente o servizo de depósito de plásticos agrícolas no punto de Reparada”, en Salto. Fano despois de atopar así o lugar debido ao mal uso da veciñanza destas instalacións.

O Concello lembra que este punto só serve para plásticos agrícolas, e apunta que existe un Punto Limpo no Polígono e que ademais hai servizo de recollida de enseres por domicilios e enseres nas ganadarías. Así, poden chamar ao 981 71 60 01, en horario de 8:00 a 15:00 horas, así como no da Policía Local, 617 48 48 52.

Por iso vén de tomar a decisión de restrinxir o horario do punto de Reparada, que ata agora estaba aberto 24 horas. A partir de agora stará aberto agora os luns de 16:00 a 19:00 horas, e os mércores de 10:00 a 13:00 horas.

OUTRAS FOTODESFEITAS

comentarios