Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Garda Civil organizou unha exhibición solidaria en Vimianzo

Exhibicion Garda Civil en Vimianzo 2
A Garda Civil organizou unha exhibición solidaria en Vimianzo

Singular xornada no pavillón de Vimianzo coa exhibición solidaria da Garda Civil. Escolares pola mañá e público en xeral pola tarde puideron disfrutar as demostracións técnicas de investigación e rescate, así como os instrumentos e material cos que actúan as forzas e corpos de seguridade que integran as unidades da Garda Civil da provincia, concretamente da Quinta Compañía, que abarcan desde A Laracha ata Muxía.

Exhibicion Garda Civil en Vimianzo 1

Outro dos puntos fundamentais desta demostración foi a mostra de traballo de campo con exhibicións tales como demostracións de guías caninos de detección de drogas, helicóptero, vehículos varios, motocicletas e 4x4, equipos de Policía Xudicial, etc. Centos de rapazas e rapaces se deron cita pola mañá, na que puideron comprobar de primeira man como traballan os equipos especializados da Garda Civil, presenciando en vivo, por exemplo, unha inmobilización nas alturas para o rescate dunha persoa sobre un río mediante o recurso de poleas; unha simulación, obviamente.

Esta actividade, enmarcada no Plan Director de Mellora da Seguridade nos Centros Educativos, tamén tivo a súa parte solidaria, xa que as persoas asistentes puideron colaborar entregando calquera alimento non perecedoiro, nun dos postos que quedarán habilitados para tal fin na propia entrada do recinto deportivo. Desde leite, arroz, auga, legumes, produtos de aseo... Todos serán para colaborar nunha boa causa e serán doados ao Banco de Alimentos Rías Altas de A Coruña.

Pavillon de Vimianzo cheo

Exhibicion Garda Civil en Vimianzo 3

Acudiu á presentación María Rivas, subdelegada do Goberno, acompañada da alcaldesa, Mónica Rodríguez; o tenente de alcaldesa, Víctor Muíño; a concelleira de Benestar Social, María José Pose e o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño.
Acudiu á presentación María Rivas, subdelegada do Goberno, acompañada da alcaldesa, Mónica Rodríguez; o tenente de alcaldesa, Víctor Muíño; a concelleira de Benestar Social, María José Pose e o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño.

Comentarios