Sábado. 27.04.2024
El tiempo

4 Concellos da Costa da Morte, protagonistas da provincia no Xantar de Ourense

Vimianzo na Feira Xantar 2022
Fabián Mouzo volverá os sabores vimianceses ao Xantar, como o ano pasado
4 Concellos da Costa da Morte, protagonistas da provincia no Xantar de Ourense

O Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar Ourense recibirá entre o 2 e o 5 de novembro a visita da Deputación da Coruña que, baixo a súa marca turística e gastronómica “A provincia que sabe”, participará cunha programación centrada no xeodestino da Costa da Morte.

Así, os concellos de Vimianzo, Mazaricos, Carballo ou Ponteceso son os grandes promotores da visita costeira a esta feira. Os callos de Carnés (Vimianzo), os percebes do Roncudo (Corme) e as Fabas de Ponteceso, os vermús da Ruta do Vermú de Inverno (Carballo) ou o Bolo do pote mazaricán, entre outros, poderanse degustar nesta nova edición de Xantar Ourens.

Showcookings e mostras de produtos locais

Recoñecidos cociñeiros da Costa da Morte impartirán diferentes showcookings e degustacións con alimentos locais.

Destacable a presenza de Fabián Mouzo, que volverá a elevar a gastronomía vimiancesa á máxima potencia no salón. Será este xoves, día 2 de novembro, cando se realicen tres showcooking. O primeiro será ás 13:00 horas, cunha demostración da elaboración dos callos da Faguía de Carnés, declarada de Interese Turístico de Galicia.
O segundo será ás 17:30 horas. Neste amosará a confección do Chicharrón Irmandiño, recordando os Pinchos Irmandiños, petiscos da Festa do Asalto ao Castelo, declarada tamén de Interese Turístico de Galicia, e que tan só se poden idear con ingredientes da idade media.
A última demostración culinaria será ás 19:00 horas, na que preparará o tradicional xurelo marinado en auga de Sabadelle, elaborado a partir de produtos locais.

Ademais destas tres actuacións, neste evento tamén participarán distintos establecementos vimianceses co obxectivo de darlle visibilidade aos seus produtos máis recoñecidos. Estarán presentes Cárnicos Domínguez, Mel do Perillán, Auga de Sabadelle, os doces de Silvina Muñoz e os bolsos de madeira e coiro de Suidade.

PROGRAMA PROVINCIAL

PROGRAMA Deputacion Coruna Xantar Ourense copia

Comentarios