Xoves. 28.01.2021
El tiempo

O GDR permitiu a rehabilitación do almacén da antiga escola de Reboredo para facer cursos de cociña

O GDR permitiu a rehabilitación do almacén da antiga escola de Reboredo para facer cursos de cociña

Asi quedou o almacén da antiga escola de Reboredo, trala reforma integral financiada, en boa parte polo GDR Costa da Morte. A entidade comarcal aportou 34.643,84 euros dos43.089,35 euros investidos para convertilo no primeiro espazo para organizar obradoiros de cociña no municipio, ao non existir un espazo deseñado exclusivamente para este fin.

Nos traballos, reparouse completamente a cuberta, adecuouse o interior para facelo habitable, con accións que pemitan o aillamento térmico, e instaláronse dous completos equipos de cociña que contan con dúas vitrocerámicas, microondas, frigoríficos, conxeladores e encimeira con varios fregadeiros.

comentarios