Xoves. 06.10.2022
El tiempo

Imputado o ex alcalde de Vimianzo por Prevaricación e Tráfico de Influencias

Imputado o ex alcalde de Vimianzo por Prevaricación e Tráfico de Influencias

O ex-alcalde de Vimianzo, Alejandro Rguez, acaba de ser imputado polo Xulgado de Corcubión por presunta Prevaricarión e Tráfico de Influencias. A denuncia parte do actual alcalde vimiancés, Manuel Antelo, e está relacionada con asuntos de obras menores.

Segundo consta na denuncia, presentada o 2 de xaneiro e aceptada o pasado día 17, hai unha serie de obras menores contratadas días antes de rematar a anterior lexislatura á empresa Excavaciones Cernadas, que xuntas suman máis de 150.000€. Obras que, segundo comprobou o actual grupo de goberno, se adxudicaron sen proxecto previo, e téndose agotado as partidas de obras menores.

Deste xeito, Alejandro Rodríguez terá que pasar declaración no Xulgado de Inst. Nº1 de Corcubión o 1 de marzo ás 11:20h.

Novas relacionadas

Fonte

  • Cadena Ser - Radio Nordés.
  • Redacción de QPC ([email protected]).

comentarios