Laconada&Guateque como pistoletazo aos carnavais en Vimianzo


A sempre activa A.X. Cherinkas, coa colaboración do Pub Mehari, organiza para o venres de carnavais unha cea propia da época que irá seguida dun gran concurso de disfraces, música e moito humor.
Todo para abrir un fantástico Entroido Vimiancés, que terá no luns o día grande.
Laconada
Sabendo do bo padal dos festeiros da rexión, á primeira hora farase unha laconada con filloas, orellas e demais produtos típicos da época. Non faltarán o viño, os refrescos e o café, acompañados de música que amenizará a velada e espertará os ánimos para a festa que lle sigue.
A cea fíxase no reducido prezo de 13€ por persoa, á cal será preciso apuntarse con certa antelación. O número de contacto é o 600766962, mais tamén poderán anotarse a través de Facebook na páxina da A.X. Cherinkas: www.facebook.com/axcherinkas.
Festa de Entroido
A parte da cea, as portas estarán abertas para todo aquel que busque o lugar idóneo para festexar tan importantes datas. Tras a laconada, arredor de media noite, darase un guateque carnavaleiro no que primarán as vestimentas.
Non podía faltar o verdadeiro espírito da troula vimiancesa: será unha gran festa de disfraces chea de humor e sorpresas. Realizaranse concursos e outorgaranse premios aos mellor caracterizados.
Novas relacionadas
- Vimianzo xa pensa no seu gran luns de Entroido.
- O Ghañán Style pásase ao Pitiño Pío.
- Ghañan Style, marca rexistrada.
- Eu Friki, ti Friki, todos Frikis… na Frikifesta de Vimianzoo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa da Cherinkas.