O Ghañán Style pásase ao Pitiño Pío

18:54 23/01/13
Sen palabras quedamos con este par de figuras. Aí están Juan Gimel e Damián Espasandín bailando novo tema de moda, que chega dende Italia ata o corazón de Galicia, a capital de Soneira.
Despois de romper a rede co "Ghañan Style", chegando aos 120.000 visionados coa versión galega do éxito do ano, este par de vimianceses bótanse agora un baile a ritmo de pandeireta, co Pitiño Pío, a versión galega do Pollito Pío, ou do Cucino Pío.
Por certo, atentos ao momento 2:07, que hai mensaxe subliminal...!!
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
