Sábado. 27.07.2024
El tiempo

As Letras Galegas de Vimianzo, en clave de patrimonio

LETRAS GALEGAS VIMIANZO
As Letras Galegas de Vimianzo, en clave de patrimonio

O Concello de Vimianzo organiza unha serie de visitas guiadas aos Batáns e Muíños do Mosquetín e ao Castelo para celebrar as Letras Galegas 2024.

Trátase de visitas guiadas pola técnica de turismo, Mariví Amigo, que serán do máis especiais. Luísa Villalta, a homenaxeada este ano, atopa as chaves do tempo para encontrarse con Evaristo Martelo no seu Castelo.

As sesións terán lugar o propio día da efeméride a distintas horas. No Castelo serán ás 11, 12, 16:15 e 17:15 horas e nos Batáns e Muíños do Mosquetín ás 13 e 18:30 horas.

As persoas interesadas pódense inscribir de maneira completamente gratuíta a través desta ligazón.

 

Comentarios