Venres. 29.03.2024
El tiempo

Liño e Encaixe toman o Castelo de Vimianzo e o Museo Man de Camelle

Carmen Riveiro alma do Liño de Zas
Carmen Riveiro, alma do Liño de Zas e da Costa da Morte
Liño e Encaixe toman o Castelo de Vimianzo e o Museo Man de Camelle

Dúas propostas para encher de artesanía dous dos espazos máis importantes a nivel patrimonial da Costa da Morte.

O liño, protagonista da derradeira sesión da Mostra de Artesanía Viva no Castelo do mes de agosto

O liño será protagonista da derradeira sesión da Mostra de Artesanía Viva no Castelo neste mes de agosto, aínda que quedan varias pílulas para o remate da actividade. Neste espazo daranse a coñecer os pormenores da técnica de confección de liño grazas ao traballo da Asociación de Amigos do Liño de Galicia, cuxos representantes axudarán aos alí presentes a elaborar e tratar este material centenario.

As persoas interesadas en participar na actividade poderán inscribirse no enderezo web da Administración local, cuxo desenvolvemento terá lugar este sábado 28 de agosto ás 11:00 horas na fortaleza soneirá.

Nova exposición en Camelle

Exposicion Amparo Sard en Camelle

O próximo venres, 27 de agosto, a partir das 11 horas inaugurarase unha nova exposición no Museo Man de Camelle: ‘La inercia de los escombros’, da galardoada artista mallorquina Amparo Sard. A mostra, que permanecerá no museo ata o 26 de setembro, chega a Camariñas da man da liña de axudas artísticas do Instituto de Estudios Baleares.
‘La inercia de los escombros’ é unha instalación de 12 metros realizada en plástico reciclado. O seu propósito é o de tomar conciencia sobre a forma na que evolucionaron as relacións sociais fronte ao devastador ritmo de vida ao que estamos sometidos.
Amparo Sard é doutora e profesora de Belas Artes na Universidade de Barcelona, Master of Art in Media Studies pola New School University de Nueva York.

Comentarios