Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Lista a primeira fase do proxecto de rehabilitación do paseo de Cereixo

Paseo de Cereixo 2
Lista a primeira fase do proxecto de rehabilitación do paseo de Cereixo

Dá gusto dar un paseo por Cereixo. O conxunto monumental e etnográfico cobra máis interese tralo remate da primeira fase do proxecto de reparación e rehabilitación do paseo de Santiago de Cereixo. O río Carnés, o parqueciño, o Pazo do século XVI das Torres de Cereiro, a capela Románica de Santiago de Cereixo ou o muíño de mareas de Cereixo, de singular arquitectura de fábrica levantado no ano 1679, son algúns dos puntos de interese que xa se poden visitar con total comodidade.

Ademais das melloras nos paseos de pedra e madeira, Instaláronse novos modelos de luminarias, bancos e papeleiras. A obra permitirá ademais evitar as frecuentes inundacións, como a que en decembro de 2018 esfolaba a estrutura do paseo de madeira.

Paseo de Cereixo

Un proxecto que conta coa financiación da Consellería do Mar para estratexias de desenvolvemento local e cun valor estimado do contrato de 196.247,28 euros.

O proxecto inclúe unha preinstalación da rede de saneamento que sirva ás vivendas ao pé da estrada DP-1603, consistente nun colector soterrado e un pozo para ser dotado nun futuro de bomba e tubaxe de bombeo de retorno ata a estrada provincial.

Comentarios