Luís Lamela presenta o seu libro sobre a loita guerrilleira antifranquista a Vimianzo
07:35 11/12/23
Despois da súa presentación en Corcubión, Luís Lamela ten xa nova data para presentar o seu último libro A loita dos perdedores (2023) na que o autor tenta contribuír á creación dunha imaxe máis humana da loita guerrilleira antifranquista.
A Cita será este xoves 14 de decembro na Casa da Cultura de Vimianzo, ás 20:00h.
O corcubionés estará acompañado por Roque Cernadas, da Asociación de Memoria Histórica Perfeuto López e a rexedora Mónica Rodríguez.