Luns. 29.04.2024
El tiempo

Corcubión fixo memoria

Luis Lamela con Alex Lopez e Rafael Mouzo
Alex López, Luís Lamela e Rafael Mouzo na presentación da novela do segundo
Corcubión fixo memoria

Emotivo e bulideiro culturalmente fin de semana o vivido en Corcubión. Despois do xornada informativa sobre Comunidades Enerxéticas, a vila de San Marcos megullábase na súa historia.

Facíao o propio venres da man do historiador e investigador Vicente Bernal Tortosa  debullou as súas dúas obras súas: Carromeiro chico: historia de una baliza de leyenda (2021) e El legado del torpedero Habana (2023). O evento, organizado polo Concello, xuntou unha vintena de persoas na Biblioteca.

Bernal, gaditano afincado na vila de San Marcos, agradece o compromiso do goberno local, e manda un recado ao anterior grupo de goberno: "simplemente estes están interesados e comprometidos coa cultura, e valoran o traballo e te exhortan a seguir escribindo a súa historia".

Vicente Jesus Bernal na Biblioteca de Corcubion presentando os seus libros

Sábado de memoria histórica

Ofrenda floral a Pepe Minones en Corcubion

A do sábado foi unha semana de memoria histórica. Arrincaba na praza de Castelao cunha emotiva homenaxe artellada pola comunidade ecosocial Boca de Sapo a Pepe Miñones. Ademias do alcalde de Corcubión, Francisco Javier Domínguez Drok, o presidente de Boca de Sapo Alex López, o ex alcalde Rafael Mouzo e Luís Lamela, na ofrenda floral estivo Gaba Cánaves Miñones sobriña -neta de Pepe Miñones, unha muller Arxentina que está estes días por Galicia.

A ofrenda serve para lembrar que corcubionés ilustre iniciaou unha carreira industrial á fronte de diversas empresas, encamiñando máis tarde os seus pasos cara á política e sendo deputado da Unión Republicana nas Cortes durante a Segunda República. Pepe Miñones foi fusilado o 2 de decembro de 1936 sen que moitos dos seus familiares coñecesen as razóns do seu aprisionamento e condena.

López, ademais de homenaxear o 87º anos no asasinato de Miñones no Campo da Rata da Coruña, quixo lembrar outras historias, como a de Mercedes Romero Abella, violada, maltratada e fusilada o 19 de novembro de 1936, ou os 8 sindicalistas de Brens. Todo para incidir na petición de que o 2 de decembro que se convirta no Día da Memoria, como vén sinalando dende que en 2016 se recuperou esta homenaxe á figura de Miñones.
López rematou cunha frase de de Rafael Mouzo que lle acompaña dende neno: “Un pobo sen memoria é un pobo morto”.

Luís Lamela

Homenaxe en Corcubion con Luis Lamela
María Bella dando inicio ao evento

E de Miñones e outro corcubionés ilustre como Luís Lamela; da Praza Castelao á Casa da Cultura. O escritor presentou o seu último libro do investigador Luis Lamela, A loita dos perdedores (2023) na que o autor tenta contribuír á creación dunha imaxe máis humana da loita guerrilleira antifranquista.

Mouzo e López escoltaron ao historiador, e foi Mouzo o que lembrou que merece ser nomeado fillo predilecto de Corcubión.

Acto no Museo da Casa da Cultura ed Corcubion
Unhas 40 persoas no acto
 

Comentarios