Venres. 29.03.2024
El tiempo

Máis de 1.700 persoas partiparon nas actividades culturais do verán en Vimianzo

Máis de 1.700 persoas partiparon nas actividades culturais do verán en Vimianzo
Os mais pequenos foron uns dos protagonistas de programacion cultural deste veran en Vimianzo Os máis pequenos foron uns dos protagonistas da programación cultural deste verán en Vimianzo Despois da intensa actividade cultural e deportiva que se levou a cabo este verán no concello de Vimianzo chega o momento de facer balance. E así, aconcelleira de Cultura, Deportes e Mocidade do Concello de Vimianzo, Marta Rei, mostrou a súa satisfacción pola alta participación e polo correcto desenvolvemento das actividades programadas dende a súa concellaría. Cada unha das actividades organizadas tivo un bo número de participantes. Case 140 nenos e nenas participaron nos campamentos de verán que se desenvolveron durante o mes de xullo. Os obradoiros da biblioteca "tamén un auténtico éxito", con máis de 50 participantes no obradoiro medieval que se desenvolveu a semana do Asalto ao Castelo e 60 nos obradoiros que se desenvolveron todas as mañás do mes de agosto. Na viaxe cultural ao parque arqueolóxico da Arte Rupestre de Campolameiro participaron case 30 persoas, e na excursión ao Aquapark de Cerceda perto de 75. Os seráns culturais que se desenvolveron nas 14 parroquias do concello durante a segunda quincena do mes de agosto tamén resultaron todo un éxito con perto de 150 participantes. Nesta actividade hai que destacar que en algunhas parroquias participaron perto de 25 nenas e nenos. A programacion rematou cunha festa de fin de veran na praza do concello A programacióon rematou cunha festa de fin de verán na praza do concello Tanto a festa fin de verán como o día da bicicleta destacaron pola ampla participación. Na última actividade, Día da Bicicleta, participaron 140 persoas. Visitas guiadas En canto ás visitas guiadas tanto ao Castelo de Vimianzo como aos Batáns do Mosquetín, participaron nelas ao redor de 900 persoas, procedentes, principalmente, do Estado Español, de Portugal, Italia, Francia ou Sudamérica. Tiveron unha grande aceptación as visitas nocturnas ao Castelo con máis de 100 participantes. E nas visitas patrimoniais polo patrimonio do municipio que se desenvolveron os sábados pola mañá participaron case 100 persoas. Rutas de sendeirismo sendeirismo vimianzo setembro 2016 A programación continúa durante o mes de setembro con roteiros de sendeirismo polo Val de Vimianzo, polos Penedos de Pasarela e polas Antas do concello durante os sábados e coas visitas guiadas tanto aos Batáns como ao Concello os sábados e os domingos. O vindeiro domingo día 11 ás 19 horas terá lugar o, xa tradicional, desfile do liño no que participarán modelos amateurs da comarca e no que se poderá contemplar a as creación utilizando tecido de liño máis actuais. Novas relacionadas Fonte

Comentarios